Skip to main content

Arqueoloxía e números na NerdNite de abril

Arqueoloxía e números na NerdNite de abril
Arqueoloxía e números na NerdNite de abril

A sesión da NerdNite correspondente ao mes de abril será xa este martes 2 e nesta ocasión desenvolverase ás 21.30 horas na Nave de Vidán con números e arqueoloxía como temas clave.

Así, o profesor de Álxebra da USC intervirá coa charla ‘A maxia dos números’, mentres que o arqueólogo e investigador do grupo Síncrisis da USC José Manuel Costa García fará o propio con ‘ Elemental, querido LIDAR: de como a Arqueoloxía pode recuperar unha historia esquecida’ e o tamén arqueólogo Felipe Criado, director do Incipit do CSIC e presidente da asociación europea de Arqueólogos, participará cunha exposición dedicada á arqueoloxía da mirada.

The contents of this page were updated on 03.29.2019.