Skip to main content

Comeza a terceira edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

Comeza a terceira edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’
Comeza a terceira edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

A terceira edición do programa ‘ Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ dará comezo este xoves 26 no CEIP López Ferreiro co obradoiro Física Divertida, impartido por Encina Calvo e Mª José Pérez Comuñas, profesoras do Departamento de Física Aplicada da USC.

O programa, organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC en colaboración co Concello de Santiago, ten como finalidade visibilizar as enxeñeiras e científicas para crear referentes femininos e incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), mediante a realización de obradoiros didácticos destinados ao alumnado de 4º de primaria en colexios públicos do concello.

Nesta terceira edición están previstos 18 obradoiros nos que participarán nenas e nenos de dos CEIP Cardeal Quiroga Palacios, Lamas de Abade, López Ferreiro, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Pío XII, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Roxos e Vite I. Todos están impartidos por profesoras investigadoras da USC de diferentes áreas (Astronomía, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica e Computación, Enxeñería Química, Física Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Química Analítica, Óptica), técnicas superiores de apoio á investigación do CiQUS e investigadoras do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Obradoiros xa programados

CEIP López Ferreiro:

  • Física Divertida. Impartido por Mª José Pérez Comuñas e Encina Calvo Iglesias, profesoras do Departamento de Física Aplicada da USC. 26 de abril
  • A Maxia da Química. Impartido por Laura Acevedo e Noela Torrente, técnicas superiores de apoio á investigación do CiQUS. 27 de abril

CEIP Monte dos Postes

  • Informática visual aplicada á bioloxía. Impartido por Eva Cernadas profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do CiTIUS. 21 de maio
  • Xogando coa luz. Impartido polas profesoras e investigadoras Maite Flores, María Aymerich e Carmen Bao da Área de Óptica da USC. 21 de maio

CEIP Pío XII

  • A Maxia da Química, impartido por Laura Acevedo e Noela Torrente, técnicas superioras de apoio á investigación do CiQUS. 1 xuño
  • Falando cos superordenadores. Impartido por Mª José Rodríguez Malmierca e Natalia Costas, investigadoras do CESGA. 14 xuño
  • Buscando estrelas. Impartido por Josefina Ling profesora de Astronomía de la USC e investigadora del Observatorio Astronómico Ramón María Aller. 18 xuño

CEIP de Roxos

  • Aprendendo Química a través da realidade virtual e a realidade aumentada. Impartido por Rebeca García Fandiño, investigadora Ramón y Cajal da USC. 14 de xuño

CEIP de Vite I

  • Informática visual aplicada á bioloxía. Impartido pola profesora Eva Cernadas profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do CiTIUS. 15 de xuño

CEIP Raíña Fabiola

  • Aprendendo Química a través da realidade virtual e a realidade aumentada. Impartido por Rebeca García Fandiño, investigadora Ramon y Cajal na USC. 20 de xuño
The contents of this page were updated on 04.25.2018.