Skip to main content

A ‘Agrobiodiversity Summer School’ mantén aberto ata o 6 de febreiro o seu prazo de inscrición

A agrobiodiversidade inclúe a diversidade de cultivos e especies e variedades gandeiras, a diversidade de sistemas de produción e abastecemento de alimentos, así como as diferentes prácticas e intensidades agrícolas e a biodiversidade que apoia indirectamente a agricultura mediante a provisión de servizos ecosistémicos
A agrobiodiversidade inclúe a diversidade de cultivos e especies e variedades gandeiras, a diversidade de sistemas de produción e abastecemento de alimentos, así como as diferentes prácticas e intensidades agrícolas e a biodiversidade que apoia indirectamente a agricultura mediante a provisión de servizos ecosistémicos
Esta iniciativa na que toma parte o grupo de investigación da USC Histagra, céntrase nas diferentes perspectivas ao redor da agrobiodiversidade e a súa contribución á sustentabilidade e á resiliencia dos sistemas alimentarios
Lugo, Santiago de Compostela

A escola internacional de verán ‘Agrobiodiversity Summer School’ na que toma parte a USC a través do grupo de investigación Histagra, centrarase nas diferentes perspectivas ao redor da agrobiodiversidade e a súa contribución á sustentabilidade e á resiliencia dos sistemas alimentarios. Baixo esta premisa, en pequenos grupos de estudantes e grazas a expertos internacionais e produtores agroecólogos, as persoas participantes neste curso terán a oportunidade de investigar en profundidade os retos e desafíos dos sistemas de produción locais existentes e como a cadea alimentaria está conectada coa agrobiodiversidade. Unha vez cuberto o formulario de solicitude, este debe enviarse ata o 6 de febreiro de 2022 ao enderezo electrónico gof.iunr [at] zhaw.ch (gof[dot]iunr[at]zhaw[dot]ch) O número de participantes está limitado a 30 persoas.

 A escola de verán está dirixida principalmente a estudantes matriculados nun programa de mestrado relacionado coas ciencias agrarias, medio ambiente, tecnoloxías de alimentos, desenvolvemento rural, ou de avaliación da sustentabilidade. Os estudantes de grado tamén están invitados a postularse, mais daráselles unha segunda prioridade. As dúbidas poden consultarse no enderezo histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es)

Calendario

A ‘Agrobiodiversity Summer School’ consta dunha fase preparatoria e unha semana de estudo de dez días. Na fase preparatoria (abril-agosto de 2022), cada alumno/a estudará un aspecto fundamental da agrobiodiversidade e realizará un estudo de caso relacionado coa agrobiodiversidade local do seu país de orixe ou lugar de estudo. Posteriormente terá lugar a semana de estudo de dez días entre Santiago de Compostela e Ribadeo, do 31 de agosto ao 10 de setembro. Despois de completar con éxito o curso, o alumno recibirá 4 ECTS. Os profesores da USC Lourenzo Fernández Prieto e David Soto serán docentes no curso.  

A agrobiodiversidade inclúe a diversidade de cultivos e especies e variedades gandeiras, a diversidade de sistemas de produción e abastecemento de alimentos, así como as diferentes prácticas e intensidades agrícolas e a biodiversidade que apoia indirectamente a agricultura mediante a provisión de servizos ecosistémicos. Polo tanto, “a agrobiodiversidade é esencial para os manexos da terra adaptados localmente e resilientes en todo o mundo e, en última instancia, contribúe á consecución de varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”, apuntan dende a organización da escola.

‘Agrobiodiversity Summer School’ é unha colaboración entre Histagra e o grupo de investigación ZHAW Geography of Food, o Swiss Research Institute of Organic Agriculture (FiBL), o centro universitario de investigación sobre patrimonio cultural (Cispac) e institutos de investigación de Eslovenia e Hungría, nos que terá lugar o curso os próximos anos.

The contents of this page were updated on 01.19.2022.