Skip to main content

Filosofía acolle este xoves unha conferencia de Jan Sprenger

Jan Sprenger
Jan Sprenger

A Facultade de Filosofía acolle este xoves ás 12.00 horas unha conferencia do profesor de Filosofía da Ciencia da Universidade de Torino Jan Sprenger, recoñecido investigador que actualmente traballa no proxecto ‘Making scientific inferences more objective’ financiado polo European Research Council. A conferencia, na Aula 1, leva por título ‘European Grant-Hunting: The Rules of the Game’.

A principal área de investigación de Jan Sprenger é a filosofía da ciencia, con especial interese na inferencia estatística, a obxectividade científica e os modelos formais de explicación e causalidade.

The contents of this page were updated on 04.25.2018.