Skip to main content

Oliver Laxe explica este venres en Filosofía o seu último proxecto cinematográfico

Oliver Laxe explica este venres en Filosofía o seu último proxecto cinematográfico
Oliver Laxe explica este venres en Filosofía o seu último proxecto cinematográfico

O cineasta Oliver Laxe conversará este venres 27 co alumnado das materias Historia da Estética e Historia do Cinema Español da USC acerca do seu último proxecto, ‘Aquilo que arde’, que xa se está filmando nos Ancares coa temática dos incendios de fondo.

O encontro, a desenvolver ás 10.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, guiarano os profesores do Departamento de Historia da Arte Federico López Silvestre e Iván Moure, titulares das materias organizadoras.

A entrada a esta charla con Oliver Laxe, premiado como director en 2010 e 2016 no festival Internacional de Cine de Cannes, está aberto a calquera persoa interesada.

The contents of this page were updated on 04.26.2018.