Skip to main content
  • Research

A profesora Victoria Otero Espinar, elixida nova vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española

Imaxe de arquivo de Victoria Otero Espinar
Imaxe de arquivo de Victoria Otero Espinar
A docente da USC preside ademais a comisión RSME-RAE desta mesma sociedade

A catedrática de Análise Matemática da USC Victoria Otero Espinar acaba de ser elixida vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española (RSME), sociedade científica referente en España o seu ámbito. Ademais do novo posto, a profesora Otero Espinar preside a comisión RSME-RAE dende 2015 e é membro da de Educación. Con anterioridade xa fora membro da Xunta de Goberno da mesma sociedade (2011-2017) e presidenta da Comisión Profesional (2015-2019), ademais de membro da comité editorial da colección Estímulo Matemático da RSME.

En opinión da docente da USC, “hai grandes retos aos que unha sociedade científica como a RSME debe facer fronte en ámbitos diversos”. Logo da “extensa e exhaustiva análise sobre diversos aspectos das matemáticas en España” realizada pola sociedade nos últimos dous anos, agora “temos que acometer as melloras necesarias para o desenvolvemento das matemáticas como pedra angular da sociedade dixital e do coñecemento”. En conxunto, as diferentes dimensións ás que prestar atención, Otero Espinar destaca a educación, as saídas profesionais, o impacto socioeconómico, a divulgación, a igualdade de xénero, a internacionalización ou a investigación en matemáticas.

The contents of this page were updated on 01.26.2022.