Skip to main content

A bioarqueoloxía centra un curso de verán a desenvolver en xuño en Bioloxía

A bioarqueoloxía centra un curso de verán a desenvolver en xuño en Bioloxía
A bioarqueoloxía centra un curso de verán a desenvolver en xuño en Bioloxía
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2019

O próximo día 7 de xuño remata o prazo de matrícula para o curso de verán da USC ‘ Bioarqueoloxía: introducción teórico-práctica’, que dirixen María Martín Seijo e Olalla López Costas e que conta con financiamento da deputación da Coruña.

O curso, a desenvolver entre o 17 e o 21 de xuño na Facultade de Bioloxía, trata de introducir o concepto de bioarqueoloxía e explicar os principais materiais biolóxicos que poden ser recuperados en escavacións arqueolóxicas así como coñecer os tipos de estudos bioarqueolóxicos aplicables sobre eses materiais.

Ademais, ao longo de sesións teóricas e prácticas aprenderanse os procedementos básicos en campo e en laboratorio e achegarase a identificación básica de restos humanos, restos animais, sementes e froitos, madeiras, pole, solos e residuos químicos.

The contents of this page were updated on 05.31.2019.