Skip to main content

A USC impulsa a agricultura e o medio ambiente como motores de desenvolvemento en América Latina

Ángeles Romero, no centro, entre José Carlos Otero e Agustín Merino, e outros responsables académicos de Ecuador
Ángeles Romero, no centro, entre José Carlos Otero e Agustín Merino, e outros responsables académicos de Ecuador
O coordinador do doutoramento internacional Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento, acompañado dos tamén profesores da USC Ángeles Romero e José Carlos Otero, completan unha estadía en Ecuador para afianzar a implicación das universidades suramericana nun programa que xa formou máis de 15 doutores
Lugo, Santiago de Compostela

O doutoramento Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento, un programa coordinado polo catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra Agustín Merino e no que tamén participa a Universidade de Lisboa, impulsa desde hai máis dun lustro iniciativas locais de desenvolvemento orientadas a optimizar o aproveitamento de recursos agrarios e medioambientais en países de América Latina e África, a través da formación e da mellora da formación e da capitación investigadora.

No seu afán de consolidar a conservación e o aproveitamento dos recursos naturais como palestras de desenvolvemento económico e social e logo de máis dun de experiencia académica durante o que construíron un ecosistema de cooperación internacional, unha delegación de docentes investigadores da USC formada por los catedráticos da USC no Campus Terra Agustín Merino e Ángeles Romero, así como polo tamén docente no Campus de Santiago José Carlos Otero, veñen de completar no mes de xaneiro unha estadía en Ecuador, onde mantiveron encontros con responsables académicos e gubernamentais do país, así como con investigadores da Universidade Técnica do Norte e da Universidade Católica Pontificia de Ecuador.

O encontro interuniversitario celebrado na Universidade de Espoch, na provincia ecuatoriana de Rioamba, serviu de colofón da actividade desenvolvida durante varias semanas polos profesores da USC. Durante este período, Merino, Romero e Otero impartiron clases e conferencias sobre temáticas ligadas cos ámbitos científicos nos que realizan a súa carreira investigadora, ao tempo que mantiveron numerosas reunións de traballo con profesorado e posgraduados e investigadores en formación que están a completar a súa tese de doutoramento ao abeiro do programa en Agricultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento.

Ademais da actividade formativa e de divulgación desenvolvida na Universidade de Espoch, en Riobamba, os profesores Merino, Romero e Otero tamén visitaron outras institucións académicas do  país coa pretensión de avanzar na implicación destas universidades neste programa de doutoramento internacional co nomeamento de coordinadores en cada centro e dun responsable estatal, que será o investigador do Instituto Nacional do Investigacións Agropecuarias (INAP) de Ecuador César Tapias.

20 universidades

Arroupado por preto de 20 universidades e centros de investigación de países de fala española e portuguesa, tales como Brasil, Guatemala, Ecuador, Panamá, España, Honduras, México, Paraguai, Costa Rica, Perú, Portugal e Mozambique, o coordinador deste doutoramento internacional Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento reiterou en Ecuador a transcendencia internacional dun programa de posgrao que xa completou a formación de máis de 15 doutores.

 

The contents of this page were updated on 02.01.2022.