Skip to main content

O Instituto de Acuicultura recibe ao investigador xordano Saleem Aladaileh

Ademais de visitar os laboratorios do instituto, impartirá unha conferencia sobre imunoloxía de moluscos

O Instituto de Acuicultura da USC recibe ao longo desta semana a visita de Saleem Aladaileh, investigador xordano do Departamento de Análise Médica da Al-Hussein Bin Talal University e dentro do programa Erasmus.

Ao longo desa estadía, o doutor Aladaileh visitará os laboratorios de moluscos do Instituto compostelá e ofrecerá una conferencia co título ‘Inmunoloxía de moluscos’, centrada especialmente na especie Saccostrea glomerata (Gould, 1850), coñecida comunmente como ostra de Sydney ou ostra de Nova Zelanda. A conferencia terá lugar o mércores 19 ás 13.00 horas nas instalacións do Instituto.

The contents of this page were updated on 12.18.2018.