Prazas dispoñibles na xornada formativa sobre meteoroloxía básica de montaña e organización de saídas

A Fundación USC Deportiva organiza o vindeiro 6 de xuño en Santiago unha xornada formativa sobre meteoroloxía básica de montaña e pautas de actuación na que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles.
A actividade diríxese a deportistas interesados en coñecer os fundamentos básicos da meteoroloxía en montaña para poder planificar as súas saídas con maior seguridade, así como coñecer as fontes de información meteorolóxica de referencia en montaña. Aprenderanse tamén termos e conceptos meteorolóxicos e onde obter información meteorolóxica e, sobre todo, interpretala. A actividade estará impartida por Daniel Cacabelos Barral, técnico da Escola Galega de Alta Montaña.