O cupón da ONCE deste xoves dedícase ao 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia
A ONCE súmase á conmemoración do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia coa emisión dun cupón dedicado a esta celebración. O boleto corresponde ao da xornada deste xoves 5 de abril, festividade de San Vicente Ferrer, patrón desa rama de estudos.
O cupón presentouse publicamente este martes na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago nun acto no que participaron a decana do centro, Emilia Vázquez, e o director da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro Canosa.