Skip to main content
Co-financiado pola UE
A USC convoca axudas para realizar actividades de docencia en universidades ao abeiro do programa Erasmus+

A USC convoca con carácter periódico axudas á mobilidade internacional para persoal docente da USC no marco do Programa Erasmus+. A finalidade do programa é contribuír a unha maior relación entre as institucións de eduación superior europeas a través do coñecemento mutuo entre as comunidades educativas e a progresiva harmonización dos seus plans de estudo e métodos docentes.

A actividade principal é o ensino impartido por un docente noutra universidade dentro do Espazo Europeo de Educación Superior.