Skip to main content

As saídas profesionais na Axencia Tributaria, obxecto de análise na Facultade de ADE

As saídas profesionais na Axencia Tributaria, obxecto de análise na Facultade de ADE
As saídas profesionais na Axencia Tributaria, obxecto de análise na Facultade de ADE
O salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo acolle o mércores 13 de marzo, a partir das 12.00h, a xornada ‘As saídas profesionais na Axencia Tributaria’,...
Lugo

O salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo acolle o mércores 13 de marzo, a partir das 12.00h, a xornada ‘As saídas profesionais na Axencia Tributaria’, organizada polo propio centro, a Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a Área da Orientación e Inserción Laboral, así como pola AEAT.

 

O enxeñeiro agrónomo do Estado e xefe de Área de Inspección de Rústica, Carlos Eduardo Vila Pillado; o interventor territorial en Lugo, Fernando Soler Pareja; e a delegada da AEAT na capital lucense, María Elena Rosendo Vázquez, serán os/as relatores/as desta xornada de orientación laboral dirixida a estudantes e titulados/as das Facultades de ADE, Ciencias, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, e Escola Universitaria de Relacións Laborais.

 

Aberta a toda a comunidade universitaria, a asistencia a esta actividade é de balde e non precisa inscrición previa, malia que as prazas son limitadas.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.