As saídas profesionais na Axencia Tributaria, obxecto de análise na Facultade de ADE
O salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo acolle o mércores 13 de marzo, a partir das 12.00h, a xornada ‘As saídas profesionais na Axencia Tributaria’, organizada polo propio centro, a Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a Área da Orientación e Inserción Laboral, así como pola AEAT.
O enxeñeiro agrónomo do Estado e xefe de Área de Inspección de Rústica, Carlos Eduardo Vila Pillado; o interventor territorial en Lugo, Fernando Soler Pareja; e a delegada da AEAT na capital lucense, María Elena Rosendo Vázquez, serán os/as relatores/as desta xornada de orientación laboral dirixida a estudantes e titulados/as das Facultades de ADE, Ciencias, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, e Escola Universitaria de Relacións Laborais.
Aberta a toda a comunidade universitaria, a asistencia a esta actividade é de balde e non precisa inscrición previa, malia que as prazas son limitadas.