O Lubicán regresa este xoves 28 ás 21.00h no Círculo das Artes cun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf
Uxía, Sergio Tannus e Marcos Teira únense este xoves 28, ás 21.00h, no Círculo das Artes de Lugo, nun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf, compositor e cantante natural de Silleda, finado en 2016, e creador dunha trintena de bandas sonoras para producións tanto teatrais como para outros formatos do mundo do espectáculo.
Tamén participarán no evento como artistas convidados Iria Estévez & Gonzo Piña, Garcia Mc, Brais Morán , Alejandro Vargas, Sergio Zearreta e Adrián Costa. O acto contará ademais coa poética de Lois Pérez e as imaxes de Xavier Belho. A entrada é de balde ata completar aforo.
Lubicán, ciclo que intenta potenciar a presentación dos novos traballos da música galega, impúlsase ao abeiro do convenio Lugo Cultural, do que forman parte USC, Deputación e Concello de Lugo.