Pasar al contenido principal

O Lubicán regresa este xoves 28 ás 21.00h no Círculo das Artes cun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf

O Lubicán regresa este xoves 28 ás 21.00h no Círculo das Artes cun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf
O Lubicán regresa este xoves 28 ás 21.00h no Círculo das Artes cun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf
Uxía, Sergio Tannus e Marcos Teira únense este xoves 28, ás 21.00h,  no Círculo das Artes de Lugo, nun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf, compositor e cantante natural de Silleda, finado...
Lugo

Uxía, Sergio Tannus e Marcos Teira únense este xoves 28, ás 21.00h,  no Círculo das Artes de Lugo, nun concerto en lembranza de Fran Pérez Narf, compositor e cantante natural de Silleda, finado en 2016, e creador dunha trintena de bandas sonoras para producións tanto teatrais como para outros formatos do mundo do espectáculo.

 

 

Tamén participarán no evento como artistas convidados Iria Estévez & Gonzo Piña, Garcia Mc, Brais Morán , Alejandro Vargas, Sergio Zearreta e Adrián Costa. O acto contará ademais coa poética de Lois Pérez e as imaxes de Xavier Belho. A entrada é de balde ata completar aforo.

 

Lubicán, ciclo que intenta potenciar a presentación dos novos traballos da música galega, impúlsase ao abeiro do convenio Lugo Cultural, do que forman parte USC, Deputación e Concello de Lugo.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.