Skip to main content

Presentación de novo material da área docente de Simulación Médica

O reitor Antonio López Díaz presidirá este xoves 28 o acto de presentación de novo material da área docente de Simulación Médica da Facultade de Medicina da USC. A sesión comezará ás 10.30 horas na Aula Castelao deste centro e contará coa presenza ademais do decano da Facultade, Julián Álvarez Escudero, e do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

A Área de Simulación Médica da USC prestará servizo tanto ao propio centro docente como á Área Sanitaria de Santiago de Compostela e estará dirixida a profesionais da Medicina, a Odontoloxía e a Enfermaría coas súas relativas especialidades, dende o ámbito da formación de grao ata o da formación de posgrao e formación continua. A educación médica baseada na simulación é un campo en pleno proceso de desenvolvemento cuxa evolución nos próximos anos é imprescindible. A súa implantación permitirá reproducir situacións reais con pacientes dunha forma guiada e controlada.

The contents of this page were updated on 02.27.2019.