Skip to main content

Ciclo de conferencias na Facultade de Formación do Profesorado

Ciclo de conferencias na Facultade de Formación do Profesorado
Ciclo de conferencias na Facultade de Formación do Profesorado
A Facultade de Formación do Profesorado acolle ao longo dos meses de outubro e novembro, no seu Salón de Actos, un diverso programa de charlas destinadas ao seu alumnado de terceiro e cuarto...
Lugo

A Facultade de Formación do Profesorado acolle ao longo dos meses de outubro e novembro, no seu Salón de Actos, un diverso programa de charlas destinadas ao seu alumnado de terceiro e cuarto curso:

 

  • Mércores 24 de outubro, ás 19:00h: "A violencia de xénero", por Marta Rodríguez Engroba (presidenta da Asociación "Si, hai saída"), e Sergio Orduña Alonso (xuíz titular do xulgado de instrución nº 3 e responsable dos casos de violencia de xénero). Para o alumnado de 3º curso do Grao en Mestra ou Mestre de Educación Primaria, na materia Prácticum I.

 

  • Luns 29 de outubro, ás 17:30h: "As prácticas na construción da identidade docente", por Emilio Joaquín Veiga Río, director do Centro de Formación e Recursos de A Coruña. Para o alumnado do de 3º curso do Grao en Mestra ou Mestre de Educación Infantil e do Dobre Grao en Mestra ou Mestre de Educación Infantil e Educación Primaria, na  materia Prácticum I.

 

  • Mércores 31 de outubro, ás 19:00h: "O traballo por proxectos nas aulas de Educación Primaria", por Mª Dolores Freire Fernández, directora e mestra do CEIP Rosalía de Castro. Para o alumnado de 3º curso do Grao en Mestra ou Mestre de Educación Primaria, na materia  Prácticum I.

 

  • Xoves 15 de novembro, ás 16:00h: "Poñéndoos os lentes. Prevención da violencia sexual contra a infancia. Un de cada cinco". Campaña do Consello de Europa para a prevención da violencia sexual contra a infancia. Impartida por AMINO (entidade sen ánimo de lucro formada por profesionais de diferentes ámbitos, que traballan na prevención, detección e asesoramento na intervención de situacións de maltrato á infancia e adolescencia). Para o alumnado de 4º curso do Grao en Mestra ou Mestre de Educación Infantil e Educación Primaria, na materia Prácticum III.
The contents of this page were updated on 02.25.2022.