Skip to main content

Como producir leite a pasto e leite ecolóxico?, a debate este mes nun curso da Universidade de Verán na EPS de Enxeñaría de Lugo

Como producir leche a pasto y leche ecológica?, a debate este mes en un curso de la Universidad de Verano en la EPS de Ingeniería de Lugo
Como producir leche a pasto y leche ecológica?, a debate este mes en un curso de la Universidad de Verano en la EPS de Ingeniería de Lugo
A produción de leite a pasto e leite ecolóxico centra a temática do curso incluído na Universidade de Verán 2018 da USC que se desenvolverá do 25 ao 28 de xuño na Escola Politécnica Superior de...
Lugo

A produción de leite a pasto e leite ecolóxico centra a temática do curso incluído na Universidade de Verán 2018 da USC que se desenvolverá do 25 ao 28 de xuño na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 26 horas lectivas e aberto á participación de todo o público interesado, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.

 

O curso, dirixido por Bernardo Valdês Paços e Yann Pouliquen, e do que actúa como secretaria Ana Isabel García Arias, está orientado á participación de gandeiros e profesionais, así como a todas as persoas que no futuro poidan desenvolver o seu traballo no ámbito da produción láctea.

 

Os distintos profesionais que participan como relatores neste programa da Universidade de Verán da USC tratarán de ofrecer ao público participante diversas ferramentas que axudan a mellorar a xestión técnico-económica nas explotacións de produción ecolóxica ou que basean a alimentación no pasto; elementos de grande relevancia no actual contexto de incerteza e volatilidade que caracteriza o sector lácteo.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.