Skip to main content

Estudantes da Universidade de Maiores de Estremadura visitan o Campus Terra da USC nun programa de intercambio universitario

Estudiantes de la Universidad de Mayores de Extremadura visitan el Campus Terra de la USC en un programa de intercambio universitario
Estudiantes de la Universidad de Mayores de Extremadura visitan el Campus Terra de la USC en un programa de intercambio universitario
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo Javier Bueno, a directora do IV ciclo da USC María Esther Olveira e a coordinadora do IV ciclo en Lugo Teresa Rodríguez recibiron este xoves na Casa do...
Lugo

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo Javier Bueno, a directora do IV ciclo da USC María Esther Olveira e a coordinadora do IV ciclo en Lugo Teresa Rodríguez recibiron este xoves na Casa do Saber a trinta alumnos e alumnas da ‘Universidade de Maiores de Estremadura’.

 

Logo de darlles a benvida aos e ás asistentes, Bueno aproveitou a súa intervención para explicar o proxecto de especialización do Campus Terra centrado “no uso sustentable dos recursos da terra” e de carácter semellante á sede de Almendralejo pertencente á propia Universidade de Estremadura.

 

Procedentes de Almendralejo, Badajoz, Plasencia, Mérida e Cáceres, o alumnado chegou ao Campus Terra no marco dun intercambio con estudantes do programa de IV Ciclo da USC. Trala recepción, o grupo tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada á catedral de Lugo e gozar dun xantar no recinto histórico.        

The contents of this page were updated on 02.25.2022.