Skip to main content

O Campus Terra comproba a utilidade de compostos mariños como inhibidores tumorais

El Campus Terra comprueba la utilidad de compuestos marinos como inhibidores tumorales
El Campus Terra comprueba la utilidad de compuestos marinos como inhibidores tumorales
A investigación de doutoramento realizada pola veterinaria María Roel Sánchez no Campus Terra da USC baixo o título ‘Estudo dos efectos biolóxicos de biomoléculas de orixe mariña sobre cultivos de...
Lugo

A investigación de doutoramento realizada pola veterinaria María Roel Sánchez no Campus Terra da USC baixo o título ‘Estudo dos efectos biolóxicos de biomoléculas de orixe mariña sobre cultivos de células humanas e modelos animais de enfermidades humanas’, proba as potencialidades que presentan determinados compostos mariños para usos terapéuticos e incluso como inhibidores de tumores.

 

A investigación de doutoramento desenvolvida por Roel Sánchez baixo a dirección do catedrático de Farmacoloxía da USC Luis M. Botana e de Juan Andrés Rubiolo, investigador do grupo de xenética Acuigen, encádrase no marco do proxecto europeo Baambo, unha liña de investigación financiada ao abeiro do VII Programa Marco e rematada hai xa dous anos na que tamén tivo un protagonismo activo a USC.

 

María Roel Sánchez focalizou as súas pescudas nos compostos da familia das crambinas e crambescinas, organismos obtidos en Niza a partir da esponxa Crambe. Estes compostos teñen especial interese polos seus efectos como inhibidores tumorais, tal e como comprobou a propia investigadora nos experimentos realizados en peixe cebra.

 

Alén das prestacións que ofrecen estes microorganismos mariños como antitumorais, un achádego xa obxecto de solicitude de patente por parte dunha compañía farmacéutica, os compostos mariños cuxo estudo centrou a investigación de doutoramento de Roel Sánchez tamén presentan aptitudes para ser empregados noutro tipo de tratamentos, como podería ser a hipertensión, segundo conclúe esta investigadora.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.