Skip to main content

O alumnado internacional do Campus Terra visitou os canóns do Sil

El alumnado internacional del Campus Terra visitó los cañones del Sil
El alumnado internacional del Campus Terra visitó los cañones del Sil
Uns 50 estudantes internacionais que están a realizar estudos universitarios nos diversos centros do Campus Terra da USC realizaron o sábado 7 de abril unha visita á Ribeira Sacra, durante a que...
Lugo

Uns 50 estudantes internacionais que están a realizar estudos universitarios nos diversos centros do Campus Terra da USC realizaron o sábado 7 de abril unha visita á Ribeira Sacra, durante a que deron un paseo en catamarán desde o embarcadoiro de Doade para logo participar nunha visita guiada a Castro Caldelas.

 

Esta actividade, organizada pola Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo en aras de favorecer a integración do estudantado estranxeiro e tamén para a promoción internacional de Lugo e da súa provincia como destinos universitarios, contou tamén coa participación do vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, así como do deputado provincial Álvaro Santos.

 

A xornada de convivencia orientada ao alumnado internacional do Campus Terra da USC comezou xa en quenda de mañá coa celebración dun roteiro polo patrimonio rural do concello de Lugo. Esta acción, na que participaron como guías os profesores Ana Cabana (Historia Agraria), Elena Freire (Antropoloxía Rural) e Juan Ortiz (Arquitectura Tradicional), comezou a primeira hora da mañá cando saíu o autobús desde a Facultade de Veterinaria de Lugo.

 

Unha vez rematada a visita polo patrimonio rural do concello de Lugo, a comitiva de estudantes internacionais desprazouse ata o embarcadoiro de Doade, onde, por xentileza da Deputación Provincial de Lugo, puideron realizar un paseo en catamarán e gozar así da beleza paisaxística do canón do Sil. O guía e axente de viaxes de Galicia Infinita, Guido Álvarez, acompañou esta expedición internacional durante todo o percorrido pola Ribeira Sacra.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.