Skip to main content

Aberta a inscrición nunha nova xornada de cata de viños brancos de Albariño na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Cartaz da xornada de cata
Cartaz da xornada de cata
A sesión, programada polo grupo Proepla da USC no marco dun proxecto de investigación, desenvolverase o 18 de abril en quenda de 17.00 a 21.00 horas

O grupo de investigación referencia competitiva Poxectos e Planificación (Proepla) da USC organiza o mércores 18 de abril unha nova xornada de cata hedónica e de consumidor na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.

Esta nova sesión de cata está promovida no marco do proxecto de investigación 'Xestión de grandes superficies vitícolas para a optimización da calidade enolóxica - CIEN 2014', que conta con financiamento do CDTI e que contempla catas dos viños
elaborados a partir de la uva obtida nos diferentes ensaios
sobre variedades brancas.

A participación nesta cata é libre e de balde para todas as persoas interesadas, que poderán catar os caldos en cuestión en quendas dunha hora de duración programadas entre as 17.00 e as 21.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do enderezo electrónico javierjose.cancela [at] usc.es (javierjose[dot]cancela[at]usc[dot]es) ou no teléfono e 600 940 223.

The contents of this page were updated on 04.11.2018.