Skip to main content

Os ‘Premios Generación’ distinguen o laboratorio de ideas ‘Joven Innovación Láctea’ da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra

 Los ‘Premios Generación’ distinguen el laboratorio de ideas ‘Joven Innovación Láctea’ de la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería del Campus Terra
Los ‘Premios Generación’ distinguen el laboratorio de ideas ‘Joven Innovación Láctea’ de la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería del Campus Terra

 
O laboratorio de ideas ‘Joven Innovación Láctea’, unha iniciativa orientada á innovación e ao emprendemento posta en marcha na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da...
Lugo

 

O laboratorio de ideas ‘Joven Innovación Láctea’, unha iniciativa orientada á innovación e ao emprendemento posta en marcha na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC polo profesor Juan Méndez Dónega entre o alumnado da materia Industrias Lácteas, vén de ser recoñecido cun dos galardóns outorgados na sexta edición dos Premios Generación, convocados pola Fundación Cotec para a Innovación, Deloitte e a Real Academia de Enxeñaría.

 

O profesor Méndez Dónega explicou que o obxecto da iniciativa agora galardoada é o de potenciar a creatividade do alumnado, ademais de orientar a súa capacidade de innovación ao desenvolvemento de novos produtos e tecnoloxías para o sector alimentario e, nomeadamente, para o sector leiteiro.

 

O impulsor e responsable deste laboratorio de ideas afirmou sentir “moita satisfacción” por un premio que recoñece o carácter innovador dunha iniciativa de carácter académico, na que participaron un total de 12 alumnos, agrupados en catro equipos. O cometido da primeira edición deste laboratorio era o desenvolvemento dun novo produto alimentario lácteo, a partir do uso de diversas tecnoloxías e de acordo coa metodoloxía Canvas.

 

“A implicación do alumnado foi notable e os resultados moi positivos”, salientou Méndez Dónega, ao tempo que indicou que como colofón deste proxecto convidou aos responsables de catro compañías lácteas (Feiraco, Central Lechera Asturiana, Casa Grande de Xanceda e Proquiga) para que procederan a avaliar o carácter innovador e a pertinencia dos novos produtos suxeridos polos estudantes.

 

As propostas de alimentos lácteos feitas polo alumnado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC foron moi ben acollidas por parte das catro empresas convidadas. “Os gabinetes técnicos das empresas non ocultaron o seu asombro pola capacidade de innovación do estudantado”, precisou Dónega.

 

Méndez Dónega rexeitou dar detalles sobre as propostas de novos alimentos desenvolvidas polos estudantes da materia en Industrias Leiteiras, porque “a idea é propiedade deles”, dixo este profesor, quen, alén da satisfacción persoal derivada do premio, incidiu no compromiso xa adquirido por algunhas empresas do sector leiteiro para dar continuidade a esta iniciativa en Galicia no ámbito académico.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.