Skip to main content

O comisario europeo de Agricultura destaca a actividade do Campus Terra da USC a prol da modernización do agro

El comisario europeo de Agricultura destaca la actividad del Campus Terra de la USC en la modernización del agro
El comisario europeo de Agricultura destaca la actividad del Campus Terra de la USC en la modernización del agro
O comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan, fala do Campus Terra da USC nun artigo que acaba de ser publicado na sección de Agricultura do portal Interempresas....
Lugo

O comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan, fala do Campus Terra da USC nun artigo que acaba de ser publicado na sección de Agricultura do portal Interempresas. Concretamente, Hogan aborda a situación actual do sector agroalimentario, así como os seus retos de futuro, destacando no ámbito español, a actividade desenvolvida polo Polo de Innovación Dixital para o sector Agroalimentario impulsado polo Campus Terra e Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia).

 

Hogan destaca a actividade pioneira “na aplicación dun enfoque a escala de toda a UE para mellorar o acceso ás tecnoloxías no sector da agricultura. O Polo de Innovación Dixital de Galicia para o sector Agroalimentario é unha iniciativa que puxo en marcha a Universidade de Santiago de Compostela (USC), en concreto o seu Campus Terra, e o Centro Tecnolóxico TIC (Gradiant) co fin de desenvolver solucións innovadoras e mellorar a competitividade do sector agroalimentario, en colaboración con produtores locais de alimentos e agricultores, grupos ecoloxistas, organismos públicos e organizacións empresariais, para garantir un acceso fácil, rápido e eficaz ás tecnoloxías máis recentes”.

 

O comisario salienta que está “firmemente convencido de que o futuro da alimentación e da agricultura en Europa baséase na modernización e na simplificación, é dicir, en facer pleno uso dos últimos avances tecnolóxicos e dixitais para traballar de forma máis eficiente, eficaz e sustentable, e en garantir que as políticas e a lexislación da UE se poñan ao día para reflectir esta nova realidade”.

 

Preme aquí para ler o artigo completo de Phil Hogan

The contents of this page were updated on 02.25.2022.