Skip to main content

A Cátedra do Pan e do Cereal reúnese cos grupos de investigación do Campus Terra para potenciar futuras liñas de traballo e proxectos cooperativos

La Cátedra del Pan y del Cereal se reúne con los grupos de investigación del Campus Terra para potenciar futuras líneas de trabajo y proyectos cooperativos
La Cátedra del Pan y del Cereal se reúne con los grupos de investigación del Campus Terra para potenciar futuras líneas de trabajo y proyectos cooperativos
Manuel Da Cunha, xerente do Grupo Da Cunha, reuniuse este venres no edificio Cactus de Lugo cos diferentes grupos de investigación do Campus Terra coa intención de debater o potencial en I+D+i...
Lugo

Manuel Da Cunha, xerente do Grupo Da Cunha, reuniuse este venres no edificio Cactus de Lugo cos diferentes grupos de investigación do Campus Terra coa intención de debater o potencial en I+D+i aplicable no eido de actuación da Cátedra do Pan e do Cereal, promovida por este grupo empresarial e que alberga como obxectivos xerais a investigación, o fomento da docencia e a difusión dos coñecementos no ámbito do pan e dos cereais.

 

Logo de ser recibido polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro Lois; e a directora da Cátedra do Pan e do Cereal, a catedrática da USC no Campus Terra Ángeles Romero, Manuel Da Cunha puido escoitar as diferentes intervencións dos grupos de investigación coa intención de promover posibles liñas de actuación para Traballos de Fin de Grao ou Mestrado, así como debater futuros proxectos cooperativos no ámbito da Cátedra.

 

De xeito máis específico, a Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira adscrita ao Campus Terra e creada en 2016, aborda a historia da elaboración do pan en Galicia, así como da selección e produción de cereais autóctonos e o seu impacto na economía galega; a selección e mellora dos cereais que permiten a produción do pan galego e outros produtos derivados; e os procesos de panificación con metodoloxías innovadoras e alternativas para conseguir un maior valor engadido. “Temos liñas transversais. O bo desta cátedra é que resulta tan interdisciplinar que ten liñas de traballo para todo o campus”, conclúe a súa directora Ángeles Romero.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.