Skip to main content

Aberta a convocatoria de mobilidade por convenio bilateral para a realización de estudos en universidades de países extracomunitarios

Abierta la convocatoria de movilidad por convenio bilateral para la realización de estudios en universidades de países extracomunitarios
Abierta la convocatoria de movilidad por convenio bilateral para la realización de estudios en universidades de países extracomunitarios
A convocatoria de mobilidade por convenio bilateral para o próximo curso 2018-2019 permanecerá aberta ata o 14 de febreiro, tanto para alumnado de grao como de máster. A convocatoria está dirixida á...
Lugo

A convocatoria de mobilidade por convenio bilateral para o próximo curso 2018-2019 permanecerá aberta ata o 14 de febreiro, tanto para alumnado de grao como de máster. A convocatoria está dirixida á realización de estudos en diversas universidades de países extracomunitarios, nomeadamente países de América latina, Estados Unidos, Canadá, Australia, Rusia, Xapón, República Popular de China, Corea do Sur ou Taiwán e coas que a USC ten formalizado un convenio de intercambio bilateral de estudantes. Esta convocatoria será única tanto para o alumnado que vai solicitar a realización de estudos durante o primeiro ou no segundo semestre, así como para o curso completo.

 

A mobilidade poderá solicitala estudantado matriculado este curso na mesma titulación para a que solicita o intercambio, a cal deberá corresponderse a estudos conducentes á obtención dun título de grao ou máster acreditando unha nota media mínima de 6.

 

A Facultade de Ciencias acollerá o vindeiro 1 de febreiro, a partir das 11.00 horas, a primeira das charlas que a Oficina de Relacións Exteriores da USC ten previsto dar no Campus Terra e nas que o estudantado poderá coñecer de primeira man os detalles desta convocatoria, así como consultar as súas dúbidas. Ese mesmo día, a partir das 13.00 horas, será a quenda da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría; e o 5 de febreiro, ás 12.00 horas, na aula e-Terra, situada na Biblioteca Intercentros, celebrarase a última das sesións informativas. Ademais, as persoas interesadas poderán realizar as súas consultas no correo electrónico bilateral.exchange [at] usc.es (bilateral[dot]exchange[at]usc[dot]es)

The contents of this page were updated on 02.25.2022.