Skip to main content

A Universidade de Sumatra Occidental busca sinerxías co Campus Terra da USC para impulsar a industria agroalimentaria local

La Universidad de Sumatra Occidental busca sinergias con el Campus Terra de la USC para impulsar la industria agroalimentaria local
La Universidad de Sumatra Occidental busca sinergias con el Campus Terra de la USC para impulsar la industria agroalimentaria local
Unha delegación indonesia, integrada por empresarios locais, representantes da administración local e responsables académicos da Universidade Sumatra Oeste, visitaron este mércores o Campus Terra da...
Lugo

Unha delegación indonesia, integrada por empresarios locais, representantes da administración local e responsables académicos da Universidade Sumatra Oeste, visitaron este mércores o Campus Terra da USC, onde logo de coñecer diversos centros e laboratorios de investigación, tamén mantiveron un encontro cos vicerreitores de Coordinación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente.

 

O cometido da presenza desta delegación indonesia na sede universitaria luguesa non é outro que de buscar liñas de colaboración con diversos grupos e centros de investigación do Campus Terra da USC en aras a avanzar no desenvolvemento da industria agroalimentaria local, segundo explicaron representantes das empresas Indogal e Enantis, que, entre outras actividades, canalizan desde Galicia a exportación de carne de vacún de raza rubia galega cara a Indonesia.

 

Logo de coñecer as instalacións e as actividades de I+D+i desenvolvidas no Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) da Facultade de Veterinaria da USC, e tras visitar tamén o hospital veterinario Rof Codina, os integrantes da delegación indonesia chegados da rexión de Sumatra Occidental, aproveitaron o encontro cos vicerreitores do campus de Lugo para trasladarlles as carencias en formación, asesoramento e tecnoloxía que dificultan o desenvolvemento da industria agroalimentaria no seu país.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.