Skip to main content

O Departamento de Enxeñaría Agroforestal do Campus Terra da USC, galardoado polos Premios de Transferencia

El Departamento de Ingeniería Agroforestal del Campus Terra de la USC, galardonado por los Premios de Transferencia
El Departamento de Ingeniería Agroforestal del Campus Terra de la USC, galardonado por los Premios de Transferencia
O Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC vén de ser premiado nos III Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia promovidos pola Real Academia Galega de Ciencias coa colaboración da...
Lugo

O Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC vén de ser premiado nos III Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia promovidos pola Real Academia Galega de Ciencias coa colaboración da Axencia Galega de Innovación da Xunta (GAIN). Estes galardóns recoñecen as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo.

 

Na modalidade ao mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada, dotado con 6.000 euros netos e unha axuda de 4.000 euros para a formación dun dos investigadores, o galardón recaeu no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, no Campus Terra, en colaboración co enxeñeiro de industrias alimentarias Hiram Varela.

 

O obxecto principal do proxecto é a posta en valor dun residuo gandeiro, o sangue procedente dos matadoiros, a través da súa transformación en fariña de alta calidade, cun amplo abano de usos que van dende a fabricación de pensos para animais, fertilizantes agrícolas e aditivos alimentarios ata cosméticos, pegamentos, extintores antiincendios e emulsións asfálticas.

 

A tecnoloxía que fai posible esta transformación foi patentada este ano e supón non só unha alternativa á retirada do sangue dos matadoiros, con elevados custos de xestión de residuos, senón a produción dun recurso de alto valor engadido, a fariña, que nos Estados Unidos se cotiza por enriba dos 1.100 dólares por tonelada.

 

A transformación do sangue en fariña é unha actividade residual en España, con resultados de moi baixa calidade xa que o proceso habitual é aplicar temperaturas elevadísimas que deterioran a calidade das proteínas. A tecnoloxía galardoada caracterízase por ser capaz de producir a fariña tratando o sangue a baixa temperatura, o que non só preserva as súas propiedades orixinais senón que supón un custo enerxético reducido. A máquina deseñada para facelo posible xa espertou o interese de matadoiros de toda España. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.