Skip to main content

O Campus Terra da USC incrementa as ligazóns cunha destilería irlandesa na explotación da madeira galega usada en barricas

El Campus Terra de la USC incrementa los vínculos con una destilería irlandesa en la explotación de la madera gallega usada en barricas
El Campus Terra de la USC incrementa los vínculos con una destilería irlandesa en la explotación de la madera gallega usada en barricas
O grupo de investigación GI-1720 BioModem (Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas) da USC, con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC,  densenvolve en...
Lugo

O grupo de investigación GI-1720 BioModem (Modelización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas) da USC, con sede na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC,  densenvolve en colaboración empresa irlandesa Irish Distillers Inc. pertencente á multinacional Pernod Ricard dende fai anos unha liña de investigación conxunta orientada á posta en valor dos recursos forestais de Galicia.

 

Dende fai anos, a elaboración de informes parciais máis puntuais sobre a realidade forestal do monte galego e as súas posibilidades, deu paso a unha colaboración estable no tempo centrada no uso toneleiro do carballo galego e na localización de masas de carballo aptas para ser aproveitadas baixo algún selo de certificación forestal.

 

Estas investigacións, coordinadas polo profesor Pablo Vila Lameiro e a investigadora Adriana Conde Fernández, que está a facer a súa tese de doutoramento vinculada a esta liña de investigación, están financiadas pola empresa Irish Distillers Inc., que é a propietaria da marca comercial e das adegas de whisky Jameson, ademais doutras moitas referencias coñecidas e con presenza no mercado.

 

Esta colaboración implica un ciclo cerrado de uso da madeira dende a súa explotación en monte e transformación en Baralla, no aserradoiro Maderbar, pasando pola elaboración de barricas na tonelería gaditana Antonio Páez Lobato, con sede en Xerez da Fronteira, ata o seu destino final en Cork (Irlanda).

 

Logo de varios años de traballo, con excelentes resultados acadados, a colaboración vai continuar nas liñas xa establecidas de explotación da madeira de carballo, pero ampliando o rango de traballo a outras zonas próximas de interese para estas especies (zona norte de Portugal, por exemplo), así como abrindo unha nova liña de colaboración que incorpora o uso e investigación das aptitudes físicas e tecnolóxicas da madeira de castaño (Castanea sativa) para a industria toneleira e de destilados de whisky.

 

O escenario de traballo e a actuación que están a desenvolver os investigadores do campus lugués xunto coa destilería irlandesa e as demais empresas implicadas, conta con recoñecemento e apoio, que non con financiamento da Administración autonómica, tendo garantida a súa continuidade varios anos con esta nova liña vinculada ó castiñeiro, tal e como remarcaron os membros da delegación de Irish Distillers durante a súa recente visita ao campus e á provincia de Lugo para supervisar sobre o terreo a evolución dos traballos que se están a realizar. Nesta visita puideron comprobar de primeira man os danos dos recentes lumes no monte galego, tomando conciencia que liñas colaborativas como a que eles manteñen co grupo de investigación BioModem son as que manteñen vivo o monte, asegurando a súa rendibilidade e diminuíndo os riscos de lumes.

 

As vantaxes deste proxecto céntranse na incidencia e posta en valor da xestión forestal sustentable, un proceso que, segundo indicou Vila Lameiro, actúa como unha garantía engadida que permite aportar un valor complementario a un recurso natural do monte galego, ao tempo que constitúe unha marca de sustentabilidade e apoio ao desenvolvemento rural que outros usos non permiten.

 

O profesor e coordinador deste proxecto remarcou asemade a repercusión económica deste proxecto, ao que tamén se referiu como unha iniciativa que contribúe á xeración de coñecemento científico e á divulgación do Campus Terra da USC e das actividades de I+D+i que nel desenvolven en congresos internacionais (Roma, Cambridge, Viena...), así como a través da publicación de comunicacións e artigos en revistas científicas de impacto.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.