Skip to main content

Aberta a inscrición nunha xornada sobre as novas fórmulas de cooperación nas relacións profesionais

Aberta a inscrición nunha xornada sobre as novas fórmulas de cooperación nas relacións profesionais
Aberta a inscrición nunha xornada sobre as novas fórmulas de cooperación nas relacións profesionais

Organizada no marco da súa programación para a empregabilidade, a Área de Orientación Laboral e Emprego da USC organiza o vindeiro mércores 18 unha xornada de experiencias sobre distintos programas de busca colaborativa de emprego e de xeración de oportunidades profesionais. Para asistir a ela, na Facultade de Relacións Laborais, é preciso inscribirse previamente.

O encontro, previsto dende as 9.30 ata as 13.30 horas, estrutúrase en dúas mesas de debate . Na primeira, mostraranse programas que comparten unha filosofía de traballo cooperativo e colaborativo, baseado na xeración de oportunidades de cara á mellora da empregabilidade ou o desenvolvemento persoal e profesional individual e colectivo. Compartirán as súas experiencias as expertas Victoria Calvo Eiras, Raquel Pedrouso, Mª Ángeles Rodiño Medrano e Tamara Rodríguez Silva.

No segundo dos paneis explicarase como crear espazos e relacións de colaboración para crecer e xerar oportunidades profesionais. Así, Ana Berta Domínguez, de Doutroxeito Coworking, falará dos coworking (que son, como funcionan e que vantaxes) e Susana Loroño, Said Jeniah Ben Mezuar e Ramón Suárez achegarán detalles da Rede galega destes espazos . A xornada rematará cun relatorio sobre cooperativismo e economía social a cargo de Ana Olveira Blanco, técnica e formadora da Rede Eusumo.

The contents of this page were updated on 04.13.2018.