Skip to main content

O Campus Terra acolle un obradoiro de iniciación en metodoloxía bosquescuela

El Campus Terra acoge un taller de iniciación en metodología bosquescuela
El Campus Terra acoge un taller de iniciación en metodología bosquescuela
A Universidade de Verán da USC celebrará na Facultade de Formación do Profesorado no Campus Terra un obradoiro de iniciación en metodoloxía bosquescuela, baixo a dirección do profesor Rubén...
Lugo

A Universidade de Verán da USC celebrará na Facultade de Formación do Profesorado no Campus Terra un obradoiro de iniciación en metodoloxía bosquescuela, baixo a dirección do profesor Rubén Navarro Patón.

 

O obradoiro, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño, e cuxo prazo de matrícula finaliza o 9 do mesmo mes, abrirase cun taller sobre a natureza como aula. A continuación, ensinarase a deseñar actividades ao aire libre relacionadas coa lóxica, a aritmética, a xeometría, a área de conxuntos e as magnitudes, temas contemplados dentro dos currículos oficiais establecidos polas diferentes consellerías de Educación e que se cumpren como Centro de Educación Infantil Homologado. O xogo espontáneo ao aire libre e a neurodidáctica e psicoloxía do desenvolvemento Infantil pecharán as actividades desta primeira xornada.

 

Finalmente, o día 21, abordarase a lectoescritura con elementos naturais, experiencias e avaliacións do modelo europeo das escolas infantís ao aire libre, a escola no bosque e a educación activa a través da natureza e a arte.

 

Consulta aquí o programa completo do curso

Preme aquí para matricularte

The contents of this page were updated on 02.25.2022.