Skip to main content

O Campus Terra da USC explora liñas de colaboración con universidades e centros de experimentación de Indonesia

El Campus Terra de la USC explora líneas de colaboración con universidades y centros de experimentación de Indonesia
El Campus Terra de la USC explora líneas de colaboración con universidades y centros de experimentación de Indonesia
O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC, Pedro Fiz Rocha Correa, visitou este mércores o centro de experimentación PIAT-UGM, unha unidade especializada na produción sostible de...
Lugo

O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC, Pedro Fiz Rocha Correa, visitou este mércores o centro de experimentación PIAT-UGM, unha unidade especializada na produción sostible de cultivos e gandería dependente da universidade pública Gadjah Mada de Indonesia, unha institución académica na que están matriculados preto de 60.000 estudantes.

 

Durante a súa estadía no centro de experimentación PIAT-UGM  da universidade de Gadjah Mada, Rocha Correa mantivo unha reunión co decano da Facultade de Forestais e mañá está previsto que acuda ao bosque de Wanagama, unha  referencia no país en conservación e recuperación de especies forestais fráxiles e na investigación de novos usos compatibles coa conservación.

 

O Centro PIAT-UGM ten fins docentes, investigadores e tamén se utiliza como centro de formación continua para os axentes forestais dependentes da Administración central de Indonesia.

 

A visita realizada por Rocha Correa a este centro universitario encádrase no marco dos encontros que está a manter desde comezos de mes o xestor de internacionalización do Campus Terra da USC con responsables académicos de distintas universidades de Indonesia, a fin de explorar futuras liñas de colaboración e mesmo de intercambio de alumnado, docentes e investigadores entre os centros asiáticos e os centros universitarios do campus de Lugo.

 

Na primeira parte da súa estadía en Indonesia, Rocha Correa mantivo unha reunión coas universidades privadas de Yogyakarta, logo de asistir a un workshop na Bogor Agricultural University, un foro no que distintos expertos fixeron unha aproximación á internacionalización no ámbito universitario. O percorrido do xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC polo país asiático rematará o sábado cunha visita a unha explotación de té cunha superficie aproximada de 1.000 hectáreas que está xestionada pola universidade de Gadjah Mada en colaboración co Ministerio de Agricultura.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.