A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC recibe a xogadores e directivos do CB Café Candelas Breogán
O cadro de xogadores do Club Baloncesto Breogán encabezada polo seu presidente, Jesús Lázare, visitou este martes a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC para participar nunha degustación da gama de cafés Ébo, un produto que a APLTA vén desenvolver para Cafés Candelas.
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e o director da APLTA, Enrique Arbones, guiaron ao equipo de baloncesto durante a súa visita pola plataforma tecnolóxica do Campus Terra. A continuación, a responsable de Comunicación de Cafés Candelas, Reyes Vidal, presentou os distintos tipos de café da gama Ébo aos xogadores, facendo especial fincapé no último produto que veñen de sacar ao mercado, unha variedade de café latte sen lactosa, azucres engadidos e cero por cento de materia graxa.