Skip to main content

Aberto o prazo de inscrición para a Xornada Técnica sobre Ferramentas para a Eficiencia Operativa na Industria de Alimentos e Bebidas da APLTA

Abierto el plazo de inscripción para la Jornada Técnica sobre Herramientas para la Eficiencia Operativa en la Industria de Alimentos y Bebidas del APLTA
Abierto el plazo de inscripción para la Jornada Técnica sobre Herramientas para la Eficiencia Operativa en la Industria de Alimentos y Bebidas del APLTA
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC  e a división Food Care de Sealed Air organizan o vindeiro día 4 de abril unha Xornada Técnica sobre...
Lugo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC  e a división Food Care de Sealed Air organizan o vindeiro día 4 de abril unha Xornada Técnica sobre Ferramentas para a Eficiencia Operativa na Industria de Alimentos e Bebidas, cuxo prazo de inscrición mantense aberto ata o 30 de marzo.

 

Nesta xornada presentaranse unha serie de ferramentas configuradas para a obtención e análise de datos que, correctamente vinculados cos datos de produción, facilitarán a toma de decisións sobre os investimentos e solucións técnicas orientadas ao incremento do rendemento. Con esta sesión, a APLTA pretende contribuír a facer fronte a retos socioeconómicos do sector como a escaseza de recursos (auga, enerxía) ou a xestión do desperdicio alimentario.

 

Descarga aquí o programa da xornada e o formulario de inscrición.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.