Skip to main content

O IES Xoán Montes de Lugo imponse na fase provincial da VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía

El IES Xoán Montes de Lugo se impone en la fase provincial de la VIII Olimpiada Galega de Geología
El IES Xoán Montes de Lugo se impone en la fase provincial de la VIII Olimpiada Galega de Geología
Máis de medio centenar de estudantes de secundaria e Bacharelato participaron este mércores nas probas provinciais da VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía que tivo lugar na Escola Politécnica Superior...
Lugo

Máis de medio centenar de estudantes de secundaria e Bacharelato participaron este mércores nas probas provinciais da VIII Olimpíada Galega de Xeoloxía que tivo lugar na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, un certame promovido a nivel nacional pola Asociación Española para o Ensino de Ciencias da Terra (AEPCET) en colaboración coa Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos e na que se impuxo o IES Xoán Montes de Lugo. En concreto, resultaron galardoados, entre outros, os alumnos Alberto Jesús Montecelo de segundo de BAC, quen obtivo o primeiro premio; e Laura Cernadas de segundo de BAC, quen quedou terceira. En segundo lugar, impúxose Áurea Aldea do IES Gregorio Fernández de Sarria. Os outros institutos participantes foron o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e o IES María Sarmiento de Viveiro. A entrega de premios estivo presidida pola vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva. 

 

A VIII Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade na que en Galicia colabora de xeito activo a USC a través do seu Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola, pretende fomentar o interese do estudantado preuniversitairo polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das Ciencias da Terra, ao tempo que busca animar aos participantes a orientar o seu futuro universitario cara a este eido, ademais de sensibilizar sobre a importancia da preservación do medio natural.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.