Skip to main content

O Campus Terra acolle o acto de adhesión da USC ao Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia

El Campus Terra acoge el acto de adhesión de la USC al Cluster de la Madera y el Diseño de Galicia
El Campus Terra acoge el acto de adhesión de la USC al Cluster de la Madera y el Diseño de Galicia
As achegas da USC ao Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) céntranse fundamentalmente en dúas áreas, como o son a formación e a investigación, salientou este xoves en Lugo o reitor da USC,...
Lugo

As achegas da USC ao Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) céntranse fundamentalmente en dúas áreas, como o son a formación e a investigación, salientou este xoves en Lugo o reitor da USC, Juan Viaño, tras formalizar a adhesión da institución académica compostelá a unha das estruturas de colaboración empresarial máis importantes de Galicia.

 

A colaboración da USC co CMD non é nova, xa que de xeito histórico USC e empresas doCMD traballamos conxuntamente a prol da unión entre o mundo académico e o tecido empresarial, sinalou o presidente do Clúster da Madeira e Deseño de Galicia, José Manuel Iglesias, quen, sen embargo, sinalou que a incorporación da USC á entidade constitúe un impulso e un acicate cara o futuro no que “o mundo non sería sustentable sen a madeira”

 

A madeira é un dos sectores produtivos con maior capacidade de expansión nesta parte do mundo e ten unha proxección a curto medio prazo que pode converter a Galicia nun dos polos máis importantes de Europa na produción e transformación madeireira, sinalou Viaño, para logo engadir que a oferta académica da USC no seu Campus Terra inclúe varios títulos ligados ao sector forestal, así como centos de estudantes e profesores cunha longa traxectoria formando profesionais.

 

A USC, a través dos títulos de grao en Enxeñaría Forestal do Medio Natural, o máster en Enxeñaría de Montes, e programa de posgrao especializado en Enxeñaría da Madeira Estrutural, un título promovido pola plataforma Pemade e que tamén se imparte na Escola Politécnica Superior de Lugo, constitúe “a principal ferramenta formativa dun sector puxante como é o da madeira, e por extensión, o forestal, que precisa de novos e cualificados profesionais”, dixo o reitor.

 

Ademais da oferta de itinerarios formativos, o labor de I+D+i permite á USC cubrir toda a cadea monte-industria, desde o estudo de solos forestais, silvicultura, sanidade forestal, biometría, certificación forestal, propiedades físicas da madeira, enxeñaría da madeira estrutural... relatou Viaño. O reitor sinalou asemade que “a incorporación ao Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia supón un paso de xigante na estratexia de especialización de Campus Terra”, un proxecto creado para converter a sede universitaria de Lugo na referencia do Sur de Europa en temas relacionados co sector primario.

 

A xeito de balance no eido da I+d+i, Viaño lembrou que nos últimos tres anos, os  investigadores da USC agromados na Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) foron capaces de captar preto de 1,5 millóns de euros en proxectos competitivos de investigación relacionados co sector da madeira. Arredor de cen publicacións en revistas científicas e libros especializados reforzan o situación de puxanza que ocupa o Campus Terra da USC neste sector, no que a USC está a colaborar con universidades e investigadores de todo o mundo para alcanzar obxectivos comúns, concluíu o reitor da USC.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.