Skip to main content

A Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC presenta a súa oferta académica en Edugal

La Facultad de Humanidades del Campus Terra de la USC presenta su oferta académica en Edugal
La Facultad de Humanidades del Campus Terra de la USC presenta su oferta académica en Edugal
O 6º Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) acollerá entre este mércores 15 e o venres 17 de febreiro, no Recinto Feiral de Pontevedra, un espazo expositor no que a Facultade de...
Lugo

O 6º Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) acollerá entre este mércores 15 e o venres 17 de febreiro, no Recinto Feiral de Pontevedra, un espazo expositor no que a Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC presentará a súa oferta académica.

 

Edugal é un punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación, no que ademais dos expositores, celébranse obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira. O venres 17, a partir das 11.00 horas, a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, participará nunha charla de orientación universitaria sobre o ámbito humanístico.

 

A Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC imparte na actualidade o Grao en Lingua e Literatura Españolas, así como o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, o cal pode cursarse de forma presencial ou mediante a modalidade semipresencial, a cal permite ao seu alumnado cursar a titulación a través dunha plataforma virtual e asistindo só ás clases que o alumno ou alumna considere indispensables. Asemade, a Facultade de Humanidades imparte o Máster Universitario en Servizos Culturais, tamén en virtude da modalidade semipresencial.

 

Neste espazo expositor, poderase atopar información sobre o conxunto da oferta académica do Campus Terra

The contents of this page were updated on 02.25.2022.