Skip to main content

O Campus Terra da USC esperta un crecente interese como destino universitario entre a comunidade estudantil chinesa

El Campus Terra de la USC despierta un creciente interés como destino universitario entre la comunidad estudiantil chinesa
El Campus Terra de la USC despierta un creciente interés como destino universitario entre la comunidad estudiantil chinesa
O profesor de español na Universidade de Shandong e responsable dunha empresa que ofrece servizos a estudantes chineses interesados en ampliar a súa formación no estranxeiro, He Long Peng Xi, vén de...
Lugo

O profesor de español na Universidade de Shandong e responsable dunha empresa que ofrece servizos a estudantes chineses interesados en ampliar a súa formación no estranxeiro, He Long Peng Xi, vén de realizar unha estadía no Campus Terra da USC para coñecer polo miúdo a súa oferta académica e de servizos.

 

No seu periplo por Lugo, os integrantes da delegación chinesa encabezada por He Long Peng Xi visitaron as facultades de Humanidades e Administración e Dirección de Empresas, así como a Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, centros nos que mantiveron reunións informativas e de traballo cos seus respectivos equipos de dirección, para logo participar nunha xuntanza co vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo e director do Campus Terra, Javier Bueno.

 

Respecto das opcións máis demandadas pola comunidade estudantil, este axente sinalou que os estudos das ramas de Humanidades e Ciencias Sociais constitúen a oferta máis atractiva para a comunidade chinesa, que tamén valora as facilidades que ofrece a USC para a aprendizaxe do idioma español, ben a través dun curso intensivo, ben a través doutras sesións formativas impartidas polo Centro de Linguas Modernas.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.