Skip to main content

O programa Santander Yuzz chega ao Campus Terra na procura de novos emprendedores de entre 18 e 31 anos

El programa Santander Yuzz llega al Campus Terra para buscar nuevos emprendedores de entre 18 y 31 años
El programa Santander Yuzz llega al Campus Terra para buscar nuevos emprendedores de entre 18 y 31 años
O programa Santander Yuzz ‘Mozos con ideas’, que na súa oitava edición suma a Lugo ás súas sedes locais, trata de fomentar o espírito e as iniciativas de emprendemento entre os lugueses de 18 a 31...
Lugo

O programa Santander Yuzz ‘Mozos con ideas’, que na súa oitava edición suma a Lugo ás súas sedes locais, trata de fomentar o espírito e as iniciativas de emprendemento entre os lugueses de 18 a 31 anos, tal e como sinalou este martes no Campus Terra da USC o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luis Villaverde, na presentación dunha iniciativa de axuda ao emprendemento aberta a universitarios, pero tamén a calquera outra persoa con ideas innovadoras de negocio con base tecnolóxica. A presentación en Lugo do programa Santander Yuzz ‘Mozos con ideas’ desenvolveuse no marco dunha acto celebrado no edificio Cactus de Lugo e no que tamén participaron o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico da sede universitaria luguesa, Andrés Barreiro, e a xefa territorial en Lugo da Consellería de Economía, Pilar Fernández López. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 2 de decembro, para o que deberán presentar a súa candidatura de xeito gratuíto a través do formulario dispoñible na web. O programa está promovido polo Banco Santander a través do Santander Universidades e coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE) co apoio local da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Santiago e Lugo) e a Xunta de Galicia. 



Os emprendedores seleccionados en Lugo incorporaranse ao programa e poderán beneficiarse do acceso a un espazo coworking de alto rendemento que terá a súa sede física na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE) e onde poderán desenvolver a súa idea, ademais de relacionarse con outros emprendedores, recibir formación en innovación e modelos de negocio por unha rede de máis de 200 expertos profesionais. Durante esta estadía recibirán asesoramento personalizado para o desenvolvemento do seu proxecto.  Unha vez finalizado o proceso de formación e apoio, que se prolongará durante un período de cinco meses, de xaneiro a maio, a persoa elixida como mellor emprendedor do centros Yuzz de Lugo, xunto cos candidatos seleccionados en cada un dos centros locais, realizarán unha viaxe a Silicon Valley, o referente internacional máis importante en innovación e emprendemento, onde se lles brindará acceso a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Os tres mellores proxectos nacionais recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o desenvolvemento do seu negocio.  A estes galardóns cómpre sumar o premio Yuzz Muller, dotado con 200.000 euros e consultoría E&Y. O proxecto Santander YUZZ naceu no ano 2009 e conta na actualidade con 50 centros en España e máis de 1.000 participantes por edición. O proxecto conta ademais co apoio de universidades de todo o país e múltiples entidades colaboradoras como Indra, Tuenti, Intel, Organización de Estados Iberoamericanos, Secot, FPdGi, Fundación E&Y e RedEmprendia.   No caso da USC, a implantación deste programa suma xa tres anos, período no que contabilizan máis de medio centenar de emprendedores participantes que foron capaces de xerminar máis dunha ducia de plans de negocio.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.