Skip to main content

O Campus Terra da USC analizará os vínculos entre a dieta e a composición do leite materno

El Campus Terra de la USC analizará los vínculos entre la dieta y la composición de la leche materna
El Campus Terra de la USC analizará los vínculos entre la dieta y la composición de la leche materna
A Universidade de Santiago de Compostela está en trámites de asinar un acordo de colaboración coa asociación lucense pro lactancia materna Bico de Leite coa intención de analizar de que xeito a...
Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela está en trámites de asinar un acordo de colaboración coa asociación lucense pro lactancia materna Bico de Leite coa intención de analizar de que xeito a alimentación das nais inflúe na composición do leite materno. A análise das mostras efectuarase no Laboratorio de Hixiene Inspección e Control de Alimentos do Campus Terra da USC e á fronte da investigación atópanse as investigadoras Cristina Fente e Patricia Regal.

 

A través dun cuestionario de frecuencias, as nais que voluntariamente decidan participar no estudo mediante a cesión das súas mostras, poderán constatar de que modo o seu tipo de alimentación e estilo de vida incide nas características do seu leite. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.