Skip to main content

As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da biosfera de Lugo, a debate nun curso estival no Campus Terra

Las plantas medicinales en el desarrollo sostenible de las reservas de la biosfera de Lugo, a debate en un curso estival en el Campus Terra
Las plantas medicinales en el desarrollo sostenible de las reservas de la biosfera de Lugo, a debate en un curso estival en el Campus Terra
‘As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá’ é o título do curso incluído na Universidade...
Lugo

As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán 2016 da USC que botou a andar este martes na sede do Instituto Universitario de Investigación de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do Campus Terra da USC, que, xunto coa Estación Científica do Courel, acubillará a sede das distintas sesións programadas neste foro ata o 29 de xullo.

 

Estruturado en 30 horas lectivas, as 36 persoas inscritas neste programa estival, dirixido polos profesores da USC Antonio Rigueiro e Rosa Romero, terán a oportunidade de afondar no coñecemento das múltiples utilidades que reporta o emprego e consumo de plantas medicinais, así como a súa importancia e incidencia no desenvolvemento sostible de dúas das reservas da biosfera comprendidas no territorio da provincia de Lugo.

 

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, presidiu este martes, na sede do Ibader, o acto de apertura da cuarta edición deste curso de verán da USC no marco dun acto no que tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a deputada provincial delegada da área de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo; o director do Ibader, Pablo Ramil, e os directores do curso, os profesores da USC na Escola Politécnica Superior Rosa Romero e Antonio Rigueiro.

 

O profesor do Departamento de Botánica da USC e director do Ibader, Pablo Ramil Rego, abriu a quenda de relatorios deste foro estival cunha intervención que se desenvolveu baixo o título ‘Historia da utilización das plantas medicinais’. Os principios activos das plantas medicinais e o procesado industrial destas centrará o cometido dos outros dous relatorios programados na primeira xornada deste curso, que, xa en quenda de tarde, inclúe a celebración dun obradoiro de cosmética natural.

 

A comitiva deste curso de verán da USC trasladarase na xornada do mércores 27 de xullo á Estación Científica de Seoane do Courel para realizar unha visita de prácticas pola Serra do Courel guiada por Manuel Antonio Rodríguez Guitián, María Moure e Ruth Barrios. Xa pola tarde, Antonio Rigueiro e María Moure Oteyza impartirán cadanseu relatorio sobre a importancia das plantas medicinais en Galicia e sobre o usos das mesmas na Serra do Courel.

 

Unha saída de recoñecemento de plantas medicinais na Reserva da Biosfera Terras do Miño, guiada por Rodríguez Guitián, Rosa Romero, Antonio Rigueiro e Ruth María Barros abrirá o programa do curso o 28 de xullo. Xa en quenda de tarde, este foro inclúe dous relatorios sobre Influencia dos factores ambientais na síntese e concentración de principios activos, a cargo de Pilar Fernández, e sobre o cultivo ecolóxico de plantas medicinais, con Belén Díaz Fernández.

 

Os plans de Acción das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, os fungos medicinais e a importancia económica do aproveitamento das plantas medicinais centrarán as sesións programadas para a última xornada deste curso da Universidade de Verán 2016 da USC.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.