Skip to main content

O equipo da USC remata subcampión no Campionato Galego de Remudas 2018 na categoría veteranos

Equipo que se proclamou subcampión en Quiroga
Equipo que se proclamou subcampión en Quiroga

O equipo da USC que a pasada fin de semana disputou en Quiroga o campionato galego de remudas 2018 proclamouse subcampión na categoría de veteranos B. O equipo conformábano Rosa Mª Pernas, Ramón Sampedro e Manuel Gallego.

Na mesma localidade tamén se entregaron os premios aos primeiros clasificados na Liga Galega de Orientación a Pé. Neste senso, a corredora da USC Rosa Mª Pernas proclamouse campioa da Liga Galega de O-Pé na categoría F-45 e Eduardo Ramos rematou en segundo lugar en M-50.

The contents of this page were updated on 12.04.2018.