Campus Terra acolle seis novos cursos da Universidade de Verán da USC
A provincia de Lugo acolle seis novos cursos da Universidade de Verán da USC durante a terceira semana do mes de xullo. O luns 11 comeza o "Obradoiro de iniciación á lingua de signos española" que se celebrará na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra ata o venres 15. Asemade, o mesmo luns 11, no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, tera lugar o curso titulado "A industria e a elaboración ecolóxica. Hábitat e prácticas ambientais".
Os días 12, 13 e 14 de xullo, a Escola Politécnica Superior do Campus Terra acolle o curso "A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais"; mentres que entre o 13 e o 15 da mesma semana, a Casa Habanera de Guitiriz celebra "A paisaxe como patrimonio"; e a localidade lucense de Cervantes, nas mesmas xornadas, "Biodiversidade e patrimonio na montaña lucense: conservación e uso social".
Finalmente, entre o 16 e o 18 de xullo, terá lugar en Ribadeo, o curso "A agricultura e a alimentación ante o cambio climático. Unha ollada agroecolóxica".
Consulta aquí o programa completo da Universidade de Verán da USC.