Ir o contido principal

Campus Terra acolle seis novos cursos da Universidade de Verán da USC

Campus Terra acoge seis nuevos cursos de la Universidad de Verano de la USC
Campus Terra acoge seis nuevos cursos de la Universidad de Verano de la USC
A provincia de Lugo acolle seis novos cursos da Universidade de Verán da USC durante a terceira semana do mes de xullo. O luns 11 comeza o "Obradoiro de iniciación á lingua de signos española" que se...
Lugo

A provincia de Lugo acolle seis novos cursos da Universidade de Verán da USC durante a terceira semana do mes de xullo. O luns 11 comeza o "Obradoiro de iniciación á lingua de signos española" que se celebrará na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra ata o venres 15. Asemade, o mesmo luns 11, no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, tera lugar o curso titulado "A industria e a elaboración ecolóxica. Hábitat e prácticas ambientais".

 

Os días 12, 13 e 14 de xullo, a Escola Politécnica Superior do Campus Terra acolle o curso "A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais"; mentres que entre o 13 e o 15 da mesma semana, a Casa Habanera de Guitiriz celebra "A paisaxe como patrimonio"; e a localidade lucense de Cervantes, nas mesmas xornadas, "Biodiversidade e patrimonio na montaña lucense: conservación e uso social".

 

Finalmente, entre o 16 e o 18 de xullo, terá lugar en Ribadeo, o curso "A agricultura e a alimentación ante o cambio climático. Unha ollada agroecolóxica".

 

Consulta aquí o programa completo da Universidade de Verán da USC. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.