
A USC é unha das mellores opcións para cursar estudos de grao en España segundo conclúe o ranking de Shanghái, elaborado pola Academic Ranking of World Universities (ARWU)). A clasificación elaborada en 2024 coloca a USC no intervalo 501-600 das mellores universidades a nivel mundial. Esta Institución ocupa o chanzo 51-75 do Ránking de Shanghai por materias en Ciencias Veterinarias (posición 4-5 entre as universidades de toda España) titulación impartida no Campus Terra. O número de materias nas que destaca a Universidade de Santiago de Compostela ascende a un total de quince, pertencentes a todas as áreas de coñecemento avaliadas polo ránking.
A institución compostelá destaca tamén en Ciencias Ambientais e Enxeñaría, ámbito no que ocupa o terceiro posto a nivel estatal.
O resto de ámbitos nos que destaca son: Administración de empresas (posto 6-9 de España e 201-300 internacional), Ciencias Políticas (8-9 de España e 301-400 internacional), Medicina Clínica (9 de España e 401-500 do mundo); Ecoloxía (9-20 de España e 301-400 internacional), Ciencias Agrícolas (11-19 de España e 201-300 do mundo); Química (13-15 do Estado e 401-500 do mundo); Tecnoloxía e Ciencias dos Alimentos (13-19 de España e 201-300 do mundo).
En 2024, a USC conseguiu o seu máximo histórico nun dos parámetros que analizan os resultados da investigación, concretamente o que responde ao número de artigos publicados en Nature e Science. Ademais, tamén veu incrementada a súa puntuación no indicador HiCi, un parámetro que fai referencia ao número de artigos indexados no Science Citation Index-Expanded e no Social Science Citation Index ao longo do ano pasado; así como no parámetro relativo ao rendemento académico per cápita. A USC tamén destacou no apartado relativo ao número de persoal investigador altamente citado na base de datos Web of Science, propiedade de Clarivate Analytics.
ACREDITACIÓNS
A Facultade de Veterinaria conta coa acreditación internacional expedida pola Asociación Europea de Establecementos de Formación Veterinaria (EAEVE), esta acreditación sitúa entre os centros de referencia en formación veterinaria de toda Europa. Ademáis O Grado de Veterinaria conseguiu no 2024 o selo de excelencia de calidade académica que otorga a Xunta de Galicia.
Pola súa banda a Escola Politécnica Superior do Campus Terra é un centro acreditado polo Consejo de Universidades co selo internacional EUR-ACE, polo seu bon posicionamento nas clasificacións de titulacións e por unha alta tasa de inserción laboral dos egresados.

