
Para iso, organízase en catro áreas de traballo:
- Promover: planifica e organiza actividades de sensibilización e promoción e concursos e premios.
- Aprender: organiza cursos para estudantado, profesorado e PAS.
- Asesoramento lingüístico: revisa documentación e elabora criterios e modelos de uso.
- Terminoloxía: crea e difunde léxico técnico.
Ofrecémosche un menú de servizos para que, segundo os teus intereses, elixas os que prefiras:
Quero aprender galego
- Se comezas desde cero, o teu é o Curso de galego para non-galegofalantes que coorganizamos co Centro de Linguas Modernas (CLM).
- Se che interesa sobre todo a lingua oral podes apuntarte ao Programa Tándem do CLM, ou consultar esta Guía de conversa universitaria da Univ. de Barcelona.
- Se buscas un recoñecemento oficial para o teu nivel de galego, podes participar nos cursos ou nas probas Celga, da Xunta de Galicia.
Quero mellorar o meu galego
Se xa dominas esta lingua, pero tes dúbidas de cando en vez:
- consúltanolas a través do noso snlusc [at] usc.gal (correo).
- búscaas na sección de Criterios lingüísticos.
- búscaas no dicionario multilingüe bUSCatermos.
Quero mellorar as miñas capacidades comunicativas
Se che interesa redactar e presentar mellor os teus traballos escritos, facer presentacións dixitais máis efectivas ou falar mellor en público, inscríbete no Curso de Habilidades Comunicativas. E se só precisas mellorar nalgún deses aspectos, apúntate exclusivamente no módulo que máis che interese.
Quero axudar a que o galego se use máis na Universidades
As comisións de normalización lingüística (CNL) son as encargadas de propoñer e deseñar actividades que fomentan o uso do galego en cada centro.
Pregunta no teu polo pola persoa responsable da CNL, e anímate a participar co teu traballo ou as túas ideas.
Quero informarme sobre noticias relacionadas co galego
A USC é un fervedoiro de noticias, actividades, premios, concursos, campañas… organizadas arredor da lingua galega: participando nelas podes aprender cousas novas, poñer a proba as túas habilidades… e gañar interesantes premios.
Segue ao Servizo de Normalización no seu sitio web ou en Instagram.