Novas do Campus Terra
Actualidade
Botan a andar os ‘Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra’
A cafetaría da Facultade de Veterinaria acollerá cada mes charlas distendidas sobre as diferentes liñas de investigación que se desenvolven neste campus de especialización da USC
Ler máis![Os Living Labs ou Laboratorios Vivos son un ecosistema de innovación aberta que opera en contornas reais, cuxo enfoque colaborativo e centrado na persoa usuaria desenvolve, proba e implanta solucións prácticas e sustentables para retos complexos. Imaxe de arquivo dunha paisaxe galega. FOTO: Santi Alvite Os Living Labs ou Laboratorios Vivos son un ecosistema de innovación aberta que opera en contornas reais, cuxo enfoque colaborativo e centrado na persoa usuaria desenvolve, proba e implanta solucións prácticas e sustentables para retos complexos. Imaxe de arquivo dunha paisaxe galega. FOTO: Santi Alvite](/sites/default/files/styles/banner_m/public/image/2025-02/lugo-agro-fincas-prado-verde-02.jpg?h=3386f146&itok=R9Te_lEQ)
O primeiro Laboratorio Vivo do Solo de Galicia dá os seus primeiros pasos
Decenas de profesionais do eido agrícola, industrial, académico ou gobernamental déronse cita nun taller de co-creación que se desenvolveu no Campus de Lugo baixo a coordinación da catedrática da USC, María Rosa Mosquera Losada
Ler máis![‘A Domus na Paisaxe Urbana’ é tamén o título da ruta arqueolóxica que se desenvolverá o vindeiro 20 de febreiro ‘A Domus na Paisaxe Urbana’ é tamén o título da ruta arqueolóxica que se desenvolverá o vindeiro 20 de febreiro](/sites/default/files/styles/banner_m/public/image/2025-02/_f3y5178.jpg?h=3d5acdbc&itok=_IW1wN5D)
O fulgor das Faíscas Culturais alumea o legado da Domus do Mitreo
O 25 aniversario do descubrimento do templo dedicado ao deus Mitra serve de punto de partida para unha serie de intervencións nas aulas nas que o estudantado conectará os contidos das súas titulacións co valor do patrimonio lucense
Ler máisUnha ruta arqueolóxica abordará a Domus na paisaxe urbana
Analizaranse varios aspectos como a súa relación coas infraestruturas e os elementos principais da cidade de Lugo, a súa relación coa muralla e coa paisaxe circundante
Ler máisResolto o certame audiovisual ‘Petiscos de Ciencia’ do Campus de Lugo
A iniciativa recoñece cada ano traballos que atendan cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia
Ler máisFormación do Profesorado pon en valor o legado de medio centenar de educadoras referentes de diferentes épocas
A exposición inaugurarase o luns 17, ás 17.00 horas, e poderá visitarse ata o vindeiro 3 de marzo
Ler máisO grupo BioModem organiza unha xornada sobre distribución sustentable de xurro en CIMAG-GANDAGRO 2025
O foro desenvolverase o 21 de febreiro, ás 11.00 horas
Ler máisInnovación, márketing e transformación dixital, a debate en ADE
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC acolle unha nova edición do seu MarketingHub que botará a andar o vindeiro 18 de febreiro
Ler máisConvocadas as bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra da USC
O prazo de presentación de solicitudes a través da Sede Electrónica rematará o vindeiro 21 de febreiro
Ler máisXa pode visitarse na EPSE a mostra itinerante sobre o proxecto RURALtXA!
A exposición fotográfica traza un percorrido polas relacións entre as xentes e o medio ambiente, así como pola flora, fauna e hábitats do proxecto
Ler máisAberta a inscrición no Congreso de Etoloxía Clínica que terá lugar do 15 ao 16 de marzo
O foro que chega á súa novena edición desenvolverase na Facultade de Veterinaria
Ler máisTraloagro gaña o XXV Premio Aresa
O xurado seleccionou pola súa aposta polo desenvolvemento sostible, a busca de solucións diversas para poñer en valor o rural e polo seu impacto na sociedade como proxecto. A gala de entrega do galardón, convocado pola USC e o Grupo Aresa, terá lugar o venres 21 de febreiro na Facultade de Veterinaria de Lugo
Ler máisTransferencia de coñecemento e avances tecnolóxicos para loitar contra o despoboamento rural, eixes do novo Plan Estratéxico do Campus Terra
O documento consta de 36 accións a executar ata 2029
Ler máisAnalizan as transformacións socioeconómicas e as resistencias no monte veciñal durante o século XX
A partir do caso de Ponteareas, o traballo realizado polo profesor do Campus de Lugo, Damián Copena, percorre conflitos vinculados coas plantacións forestais e a recuperación do monte veciñal
Ler máisA Cátedra do Pan e do Cereal recoñece a verificación dun sistema que garanta a orixe das fariñas autóctonas de Galicia
María Nerea Fernández Canto é a autora da investigación que acadou o primeiro premio no marco dos galardóns que outorga esta Cátedra institucional da USC
Ler máisOs lumes forestais xorden cada vez máis preto das casas nalgunhas zonas de España e California
O Campus Terra da USC elaborou un estudo pioneiro no que se definen as tendencias trazadas por máis de 100.000 incendios entre os anos 2007 e 2015
Ler máis‘Protagonistas, as enxeñeiras’ alumeará referentes femininas para espertar vocacións científicas entre estudantado preuniversitario
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo acolle o vindeiro 14 de febreiro unha serie de obradoiros dirixidos a estudantes de 4º da ESO
Ler máisO Plan Formativo do Campus Terra impulsa un obradoiro de busca de indicios de calidade dirixido ao PDI
A actividade que se desenvolve o vindeiro 16 de xaneiro e que acaba de abrir o seu prazo de inscrición, profundará nos criterios da convocatoria de sexenios de 2024
Ler máisA USC e a Fundación Caixa Rural Galega colaboran para mellorar a resistencia a enfermidades en acuicultura
O proxecto “sitúa Galicia como un referente na investigación en biotecnoloxía aplicada ao sector mariño”, explica o investigador principal Álvaro Arana
Ler máisÚltimas semanas para enviar candidaturas ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
As propostas para participar nesta edición do certame deberán presentarse antes do día 10 de xaneiro de 2025
Ler máisTres grupos operativos supra-autonómicos coa participación da USC darán pulo á produtividade e sustentabilidade agrícolas
CLIMALACT, Ash4Soil e PRERIVID achegarán solucións innovadoras para o sector lácteo, a mellora da calidade dos solos e o ámbito vitivinícola, respectivamente
Ler máisUXAFORES optimiza a rendibilidade das comunidades de montes no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
O equipo liderado pola catedrática da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, Esperanza Álvarez, levou a cabo unha intensa recollida e análise de mostras para incrementar a fertilidade dos solos
Ler máisRURALtXA! leva avaliadas 23.000 hectáreas de hábitats para potenciar a bioeconomía das zonas rurais
O proxecto no que participa a USC traballa con centos de persoas comuneiras que desenvolven actividades tradicionais como a gandería extensiva, o sistema de manexo de cabalos salvaxes ou a apicultura
Ler máisO Campus Terra xerou o ano pasado máis de 75 millóns de euros de produción para a provincia de Lugo
O informe sobre ‘O Impacto económico do Campus Terra na provincia de Lugo’ evidencia que por cada 100 euros de gastos directos vinculados a este campus de especialización, xéranse 92 euros adicionais de produción a través dos efectos indirectos e inducidos
Ler máisA novena edición do DivúlgaT presentará de xeito ameno ante a cidadanía o traballo do persoal investigador do Campus Terra
A asociación Agromar organiza esta actividade que se desenvolverá o 28 de novembro e o 5 de decembro no Vello Cárcere de Lugo
Ler máisO Campus Terra profunda no labor de innovación social no rural realizado polo emprendemento das mulleres que o habitan
A xornada 'Arredor do rural. Aprendizaxes dende as voces das mulleres' levarase a cabo o vindeiro 5 de decembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades da USC
Ler máisA APLTA acolle unha xornada sobre novas achegas para valorizar subprodutos da industria alimentaria
A economía circular é o eixo sobre o que se asentan estes relatorios que terán lugar o vindeiro 28 de novembro
Ler máisA xuntanza da Comisión Reitora acolleu a presentación da Memoria de Actividades do Campus Terra 2024
A reunión tamén serviu para coñecer o estudo de impacto económico deste campus de especialización na súa contorna
Ler máisAzucena Mora recolle o premio á mellor iniciativa de investigación do Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos
Liderado dende o Campus Terra da USC, o proxecto combate a resistencia antimicrobiana mediante estratexias innovadoras baseadas no concepto One Health
Ler máisMáis de 350 especialistas de 35 países profundan nos últimos achados da química orgánica sintética na ECSOC28
A International Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry desenvólvese en liña ata o 30 de novembro e está organizada por Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, pertencentes ao grupo Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC
Ler máisEntregadas as credenciais das bolsas de iniciación á investigación no Campus Terra
O edificio CACTUS do Campus de Lugo acolleu o acto que serve de colofón a catro meses nos que preto dunha trintena de estudantes se beneficiaron dunha convocatoria para dar pulo ás liñas de especialización da sede universitaria luguesa entre a mocidade investigadora
Ler máisO Campus Terra desenvolverá unha ferramenta de rega de precisión que integre datos “a pé de parcela”
O grupo operativo PRERIVID do que a USC é coordinadora técnica contribuirá a crear unha viticultura máis sostible cun aforro de entre o 15 e o 20% dos recursos hídricos
Ler máisO ciclo Luis Asorey abordará a repercusión da alimentación e o medio ambiente na saúde
O profesor emérito da USC Antonio Rigueiro coordina esta iniciativa que conta co apoio do Campus Terra e que bota a andar o luns 18
Ler máisPaisactivo presenta un manual de boas prácticas e casos de éxito para unha xestión dinámica do espazo rural
A obra conta cunha serie de experiencias internacionais a través das que analizar estratexias e accións orientadas a revitalizar os territorios rurais
Ler máisI-ReWater organizará a edición 2026 da Conferencia Euromediterránea sobre Reutilización de Augas Residuais
O proxecto está liderado polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC Javier J. Cancela
Ler máisAberto ata o 15 de novembro o prazo para participar nos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal
No certame repartiranse tres galardóns de 1.000, 500 e 250 euros entre Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado que poñan en valor o pan tradicional e os cereais
Ler máisCiencia á Feira abordará as superbacterias, o monte comunal, as velutinas e os bosques como sumidoiros de carbono
O proxecto do grupo XuvenCiencia chegará a mercados tradicionais e centros educativos
Ler máisUnha investigación do Campus Terra, premiada polo Plan Nacional de Resistencia aos Antibióticos
Liderada pola catedrática da USC Azucena Mora, céntrase en combater a resistencia antimicrobiana mediante estratexias innovadoras baseadas no concepto One Health
Ler máisUn bastón con sistema de estabilización para superficies rurais que se carga con enerxía solar, proxecto gañador do Terra Creative Jam
O certame do Campus Terra contou cun Hackaton no que os grupos participantes avanzaron en prototipos para achegar solucións que sirvan para “reinventar o rural”
Ler máisAberto ata o 3 de novembro o prazo para inscribirse no evento de divulgación científica do Campus de Lugo DivúlgaT
O certame que chega á súa novena edición está aberto a calquera persoa con actividade investigadora no Campus Terra que queira presentar nun prazo máximo de dez minutos algún aspecto do seu traballo de investigación
Ler máisO Campus Terra avanza no estudo xenómico da árnica para determinar as dinámicas reprodutivas e garantir a súa supervivencia
Os estudos previos realizados dende 2017 grazas ao financiamento da Deputación Provincial de Lugo, permitiron identificar unha variabilidade xenética importante entre as distintas poboacións analizadas en Galicia, coa presenza de diferentes grupos poboacionais
Ler máisO proxecto RURALtXA! coñece experiencias de éxito na Serra dos Ancares
Percorreron a Serra cun grupo de persoas propietarias e produtoras de tres áreas piloto onde se desenvolve o proxecto
Ler máisA aceleradora ViaGalicia, á procura do talento emprendedor no Campus Terra da USC
O Campus Terra converteuse o ano pasado na sede en Lugo da fase de academia desta aceleradora que esta ano desenvolve a súa oitava edición
Ler máisO grupo operativo Funtrapa avanza no control parasitario das explotacións que traballan baixo o esquema do benestar animal
O proxecto deseñouse, tal e como explica a investigadora da USC no Campus Terra, María Sol Arias Vázquez, para “cubrir unha necesidade esencial na gandería en pastoreo ou extensiva”
Ler máisO evento de innovación “para reinventar o rural” Terra Creative Jam mantén aberta a inscrición ata o día 18
Por equipos ou de xeito individual, as persoas inscritas poderán participar en obradoiros e en desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos para acceder a múltiples premios como ter praza na Residencia formativa LOF TALENT ou no Programa de emprendemento EXPLORER USC
Ler máisA EPSE dinamiza a investigación sobre seguridade alimentaria e resiliencia ao cambio climático en Iberoamérica
Unha comitiva do Instituto Nacional de Investigacións Agropecuarias de Ecuador realizou unha estadía no Campus de Lugo para compartir coñecementos e capacidades de forma colaborativa
Ler máisA mocidade investigadora ibérica converte Lugo en capital do coñecemento sobre o uso sustentable da terra e os seus recursos
O Campus Terra da USC impulsa a primeira edición dun congreso que se desenvolve ata o mércores 16
Ler máisTasteLab enriquecerá os seus estudos de análise sensorial coas destrezas da innovación artística
A spin-off da USC acollerá un creador de proxección internacional para explorar as interseccións entre o estudo da percepción e o proceso creativo
Ler máisMáis dun cento de especialistas darase cita no Congreso da Mocidade Investigadora do Campus Terra
Este foro reunirá, do 14 ao 16 de outubro, persoal investigador dunha ducia de universidades e centros de investigación de Portugal, Paraguai, Brasil, México e España
Ler máisSUS-SOIL dá os seus primeiros pasos para determinar a saúde dos solos e o seu grao de sustentabilidade
O Campus de Lugo acolleu a xuntanza de lanzamento deste proxecto que dirixe a catedrática da EPSE Mª Rosa Mosquera Losada e que conta cun financiamento de sete millóns de euros
Ler máisO millo galego, chave para a produción de alimentos gourmet na alta cociña europea
Un proxecto do Campus Terra da USC está a testar a produción de huitlacoche, un alimento tradicional mexicano, a partir da inoculación dun fungo en mazarocas galegas que servirían para fornecer a cociña de autoría
Ler máisBIO_MARTERRA explora as propiedades bioestimulantes das algas mariñas para reducir o estrés das plantas terrestres
O grupo operativo no que participa o Campus Terra da USC pretende acadar a comercialización destes extractos e convertelos “nun produto innovador e sustentable, nunha clara aposta pola economía circular e azul”
Ler máisAvanzan as obras de rehabilitación do Muíño de Olga para transformalo en centro de referencia arredor dos recursos hídricos
Estudantado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo visitou os traballos de adecuación deste espazo e descubriu a orixe e características principais que converten en “singular” este lugar que será clave na transferencia de coñecemento
Ler máisO evento de innovación “para reinventar o rural” Terra Creative Jam abre o seu prazo de inscrición ata o 18 de outubro
Por equipos ou de xeito individual, as persoas inscritas poderán participar en obradoiros e en desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos para acceder a múltiples premios como ter praza na Residencia formativa LOF TALENT ou no Programa de emprendemento EXPLORER USC
Ler máisAmpliado ata o 31 de outubro o prazo para concorrer aos Premios Rafael Crecente a iniciativas innovadoras de xestión territorial
Outorgaranse dous galardóns cunha contía económica de 2.000 e 1.000 euros, respectivamente
Ler máisO Campus Terra activa a transferencia de coñecemento a través dos resultados de seis novos proxectos no eido agroalimentario e forestal
A delegada do reitor para este campus de especialización, Elvira López Mosquera, destacou na xornada de presentación de resultados que este programa de activación pretende “dar resposta a demandas que sexan relevantes para a sociedade”
Ler máisA reunión de coordinación dos tres campus de especialización de Galicia define accións estratéxicas para dinamizar o territorio
O Campus de Lugo acolleu a segunda xuntanza de cooperación entre Campus Terra, Campus Industrial de Ferrol e Campus da Auga de Ourense
Ler máisO Campus Terra da USC fomenta a inserción laboral de preto de 200 demandantes de emprego a través do Emprega-T Fest
Arredor de medio cento de espazos expositores integran esta iniciativa que pretende conectar as persoas que buscan traballo, ou que queren mellorar a súa situación profesional, coa oferta do tecido empresarial galego
Ler máisO plan formativo do Campus Terra avanza na súa misión de fortalecer as competencias no eido agroalimentario e forestal
A inscrición aínda permanece aberta nas actividades que se van desenvolver ao longo dos meses de setembro e outubro
Ler máisO tecido empresarial e o talento emerxente do Campus de Lugo daranse a man este xoves 19 no Emprega-T Fest
A delegada do reitor para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, presentou este “espazo dinámico e cheo de enerxía” co que se pretende fomentar a inserción laboral dos diferentes perfís de demandantes de emprego e no que aínda é posible inscribirse
Ler máisO Emprega-T Fest conectará o vindeiro 19 de setembro o tecido empresarial co talento emerxente do Campus Terra
O festival ofrecerá en Lugo “un espazo dinámico e cheo de enerxía” para dar resposta aos diferentes perfís de demandantes de emprego e no que é posible inscribirse ata o día 18 deste mes
Ler máisAmpliado ata o 17 de setembro o prazo de envío de resumos para o Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra
O foro desenvolverase o vindeiro mes de outubro baixo o lema ‘Raíces do coñecemento’
Ler máis