Innovación, márketing e transformación dixital, a debate en ADE

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC acolle unha nova edición do seu MarketingHub que botará a andar o vindeiro 18 de febreiro
Lugo
Coñecer de primeira man a experiencia de profesionais reputados no sector é o principal obxectivo do MarketingHub que impulsa a Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC, baixo o lema ‘Innovación, márketing e transformación dixital’.
A edición correspondente a este segundo semestre bota a andar o vindeiro 18 de febreiro co relatorio de Nicolás Pablo Gens López, CEO de Orggeïl. O 17 de marzo será a quenda de Maruxa Quiroga, CEO e cofundadora de SENSESBIT. A derradeira das charlas programadas ata o de agora é a de Raquel Maquieira que terá lugar o 9 de abril. A relatora é socia de Embermind Technologies.