Ir o contido principal

Terra Creative Jam

Evento de ideación e creatividade que ao longo de dúas xornadas, ofrece obradoiros, así como múltiples desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e que achega solucións que sirvan para “reinventar o rural”.

TCJ

O Terra Creative Jam achega solucións que sirvan para “reinventar o rural”. Este evento creativo e de innovación para a xeración de ideas na USC desenvólvese ao longo de dúas xornadas, e ofrece obradoiros, así como múltiples desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos. O evento estrutúrase nunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops específicos, prototipaxe con maquinas 3D, corte láser, gamificación, drons, realidade virtual e IA, alén de actividades deportivas e lúdicas. A segunda xornada consistirá nun Hackaton onde por equipos se traballa nun prototipo para crear unha solución e expoñela ante un xurado.

O evento toca diferentes temáticas que van dende a economía verde, a produción eficiente e sostible; educación rural inclusiva e de igualdade; emprendemento  das mulleres do rural; seguridade alimentaria; rural tech, desenvolvemento local, envellecemento activo no rural, rexurdimento creativo e cultural e moitas máis. 

Este evento está promovido polo Campus Terra a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en colaboración coa incubadora Lug Open Factory. 

 

 

Edición 2024

Terra Creative Jam 2024

 

O proxecto BastAll, impulsado por catro novos estudantes de Empresas e Tecnoloxía e unha psicóloga, resultou gañador desta edición do programa.
IV Terra Creative Jam

 

 

Edicións pasadas

Terra Creative Jam 2023

 

O proxecto ‘Optimuuu’, resultou o mellor valorado nesta edición, presentando unha web centralizadora de sistemas gandeiros para mellorar ingresos, xerar eficiencia ecolóxica e domotizar as granxas.
III Terra Creativa Jam

Terra Creative Jam 2022

 

O gañador desta edición, foi un equipo formado por dous biólogos, un enxeñeiro e un economista. Deseñaron un tanque para almacenar auga da choiva e convertila nun recurso durante os meses de seca.
II Terra Creative Jam
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2025.